We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Segundo fogar

by Os Amigos dos Músicos

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    + librillo coas letras
    Purchasable with gift card

      €5 EUR  or more

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Includes unlimited streaming of Segundo fogar via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 4 days
    Purchasable with gift card

      €15 EUR or more 

     

  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    Segunda edición

    Includes unlimited streaming of Segundo fogar via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 4 days
    Purchasable with gift card

      €10 EUR or more 

     

  • CD Segundo fogar
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Includes unlimited streaming of Segundo fogar via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Mar en ondas 03:27
Por que vas cara aló onde só van sombras? Por que fas ren de min, que te vin mar en ondas? Mar en ondas salvaxes das que creban a alma, do teu ceo de calma salpicado de aldraxes. Por que afogas o krill nesa sima fonda? Por que das contra o celme do teu son, mar en ondas? Mar en ondas que rompen e rebentan os fondos, a rompente do vivo, os abalos da morte.
2.
Amor frugal 01:27
Aprecio o amor, aínda o máis frugal. Non é o mellor, é tradicional. Manteño o tipo na paixón. Hai que entender que o mundo animal non ten corazón nin control mental. Alborecemos nun avión, cos ollos roibos e a pantalla sen voz. Aterramos sen dor.
3.
As crónicas 03:46
Sen sabelo viaxamos sen mapas a un punto de encontro que o destino tiña nun libro escrito no lombo. Non me vestín para a ocasión, deixei a porta aberta, tan só deixamos que as voces trocasen muros por xanelas. E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron. Os trópicos e os meridianos empurraban a terra facéndose acenos coidadosos para non levantar sospeitas. Castros, montes e praias, pedras, flores e area foron facendo escolma, reflectida en verbas e estrelas. E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron, facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño. E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron, facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño. A forza dunha onda que fai belida a rocha e as nosas mans como vides, que ao sol medran con forza. De mares e interiores faise o cóctel segredo que un día un alquimista mesturou con bo xeito. E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.
4.
Apostei a cabalo gañador, foi na derradeira baza. Apostei a cabalo gañador, foi na derradeira baza. Confiei no meu corazón, confiei porque é de lata. Apostei a cabalo gañador e perdín de boa gana. Alcancei o que era respirar afogado na súa saia. Alcancei o que era respirar afogado na súa saia. E o lagarto estaba a durmir e agarreino do rabo. Alcancei o que era respirar mentres xiraba esa saia.
5.
De cando tiñas meus risos gravados na pedra, de onde eran máis sinxelos de gardar. Se recibías o Miño e coidabas do frío os visitantes que non escolleran quedar. Onde xuntaban os vellos o loito e a troula, santos e roscas no mesmo peto de metal. O lume chega ás árbores que logo amosan un percorrido de himnos e cantos pagáns. Agora o lume queimou as súas vellas feridas. Xa só hai almas que vagan sen rumbo e en paz. O derradeiro graal é un monte de pedra e algún santo que segue procurando altar. Aqueles nenos agora xa non levan rodas, nin sentimentos máis sinxelos de lembrar. Unha capela ben vale o teu choro en silencio, se non fose porque a alma bate no chan.
6.
É doado 04:03
Desaparecer polo fondo do mar é doado. Partir á metade un anaco de pan é doado. E brincar e brincar entre as redes do ar, agochar a cabeza e logo berrar é doado. É doado. Mirarse no espello dos demais é doado. Disparar á memoria, non protestar é doado. E xirar e xirar entre as redes do ar, agochar a cabeza e sempre calar é doado. É doado.
7.
Bicarelo 03:21
No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo.
8.
Os atlantes 03:52
Non queda xa ninguén dos que perderon toda a fe. Deixaron de buscar o mineral. Os barcos de transporte van sós en busca do horizonte. E o vento fai de nós na praia un nó. E no fondo é igual quen vai navegar e quen queda a remendar. E marchei a reencontrar, mais quen vai gardar a porta a ninguén. Aquela illa verde que está deixando o continente. Alí onde o titán saúda o mar. É unha coreografía dun mar que agarra e non olvida. A volta circular dun baile máis. E no fondo é igual quen vai navegar e quen queda a remendar. E marchei a reencontrar, mais quen vai gardar.
9.
Non pensar 04:00
Vostede saberá o que debe facer. Alguén en Montreal está disposto a invitalo a desaparecer. E o medo que nos dá, ou mesmo o pracer. Será o natural que alguén peche con escusas a porta de atrás. Non coincidimos cos demais nin coa súa relixión. Non pensar, non pensar. Non coincidimos cos demais nin coa súa relixión. Non pensar, non. A nosa diversión é o voso malestar. Non imos negociar. Dalgún xeito a nosa obriga está en Canadá. Co porno que nos dan, poetas vin caer. Esquece o demais, non aturo verte triste, imos pasear. Non coincidimos cos demais nin coa súa relixión. Non pensar, non pensar. Non coincidimos cos demais nin coa súa relixión. non pensar, non.
10.
Regaleiche 02:49
Regaleiche unha montaña e non a quixeches levar. E ela, parando nubes, no sitio foi quedar. E choveu, choveu dos seus ollos, bágoas que froitos dan ás casas e xentes do val. E ti, e ti, e ti. Regaleiche un río e non o quixeches quedar. E el, levando peixe, seguiu o seu ritmo a levar. E saíndo das súas augas os peixes foron dar ás barcas das xentes do val. E ti, e ti, e ti. Regaleiche un feixe de lóstregos e non os quixeches mirar. E eles con moito estrondo fuxiron polo ar. E parando nas centrais convertéronse en luz que quentaba as xentes do val. E ti, e ti, e ti. Regaleiche o meu corazón e si que o quixeches coidar. E el sentiuse ledo, dun novo sitio onde estar. E atopou o teu corazón e xuntos foron aledar as festas da xente do val. E nós, e nós, e nós.

credits

released April 12, 2019

license

all rights reserved

tags

about

Os Amigos dos Músicos Ourense, Spain

Prensa e contratación:
nos@osamigosdosmusicos.eu

contact / help

Contact Os Amigos dos Músicos

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

Os Amigos dos Músicos recommends:

If you like Os Amigos dos Músicos, you may also like: