1. |
Mar en ondas
03:27
|
|
||
Por que vas cara aló
onde só van sombras?
Por que fas ren de min,
que te vin mar en ondas?
Mar en ondas salvaxes
das que creban a alma,
do teu ceo de calma
salpicado de aldraxes.
Por que afogas o krill
nesa sima fonda?
Por que das contra o celme
do teu son, mar en ondas?
Mar en ondas que rompen
e rebentan os fondos,
a rompente do vivo,
os abalos da morte.
|
||||
2. |
Amor frugal
01:27
|
|
||
Aprecio o amor,
aínda o máis frugal.
Non é o mellor,
é tradicional.
Manteño o tipo na paixón.
Hai que entender
que o mundo animal
non ten corazón
nin control mental.
Alborecemos nun avión,
cos ollos roibos
e a pantalla sen voz.
Aterramos sen dor.
|
||||
3. |
As crónicas
03:46
|
|
||
Sen sabelo viaxamos sen mapas a un punto de encontro
que o destino tiña nun libro escrito no lombo.
Non me vestín para a ocasión, deixei a porta aberta,
tan só deixamos que as voces trocasen muros por xanelas.
E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron.
Os trópicos e os meridianos empurraban a terra
facéndose acenos coidadosos para non levantar sospeitas.
Castros, montes e praias, pedras, flores e area
foron facendo escolma, reflectida en verbas e estrelas.
E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron,
facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.
E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron,
facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.
A forza dunha onda que fai belida a rocha
e as nosas mans como vides, que ao sol medran con forza.
De mares e interiores faise o cóctel segredo
que un día un alquimista mesturou con bo xeito.
E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron
facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.
|
||||
4. |
Cabalo gañador
03:14
|
|
||
Apostei a cabalo gañador,
foi na derradeira baza.
Apostei a cabalo gañador,
foi na derradeira baza.
Confiei no meu corazón,
confiei porque é de lata.
Apostei a cabalo gañador
e perdín de boa gana.
Alcancei o que era respirar
afogado na súa saia.
Alcancei o que era respirar
afogado na súa saia.
E o lagarto estaba a durmir
e agarreino do rabo.
Alcancei o que era respirar
mentres xiraba esa saia.
|
||||
5. |
Pavillón dos Remedios
07:24
|
|
||
De cando tiñas meus risos gravados na pedra,
de onde eran máis sinxelos de gardar.
Se recibías o Miño e coidabas do frío
os visitantes que non escolleran quedar.
Onde xuntaban os vellos o loito e a troula,
santos e roscas no mesmo peto de metal.
O lume chega ás árbores que logo amosan
un percorrido de himnos e cantos pagáns.
Agora o lume queimou as súas vellas feridas.
Xa só hai almas que vagan sen rumbo e en paz.
O derradeiro graal é un monte de pedra
e algún santo que segue procurando altar.
Aqueles nenos agora xa non levan rodas,
nin sentimentos máis sinxelos de lembrar.
Unha capela ben vale o teu choro en silencio,
se non fose porque a alma bate no chan.
|
||||
6. |
É doado
04:03
|
|
||
Desaparecer polo fondo do mar é doado.
Partir á metade un anaco de pan é doado.
E brincar e brincar entre as redes do ar,
agochar a cabeza e logo berrar é doado.
É doado.
Mirarse no espello dos demais é doado.
Disparar á memoria, non protestar é doado.
E xirar e xirar entre as redes do ar,
agochar a cabeza e sempre calar é doado.
É doado.
|
||||
7. |
Bicarelo
03:21
|
|
||
No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo
No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
|
||||
8. |
Os atlantes
03:52
|
|
||
Non queda xa ninguén
dos que
perderon toda a fe.
Deixaron de buscar o mineral.
Os barcos de transporte
van sós
en busca do horizonte.
E o vento fai de nós na praia un nó.
E no fondo é igual
quen vai navegar e quen queda a remendar.
E marchei a reencontrar,
mais quen vai gardar a porta a ninguén.
Aquela illa verde
que está
deixando o continente.
Alí onde o titán saúda o mar.
É unha coreografía
dun mar
que agarra e non olvida.
A volta circular dun baile máis.
E no fondo é igual
quen vai navegar e quen queda a remendar.
E marchei a reencontrar,
mais quen vai gardar.
|
||||
9. |
Non pensar
04:00
|
|
||
Vostede saberá
o que debe facer.
Alguén en Montreal
está disposto a invitalo a desaparecer.
E o medo que nos dá,
ou mesmo o pracer.
Será o natural
que alguén peche con escusas a porta de atrás.
Non coincidimos cos demais
nin coa súa relixión.
Non pensar, non pensar.
Non coincidimos cos demais
nin coa súa relixión.
Non pensar, non.
A nosa diversión
é o voso malestar.
Non imos negociar.
Dalgún xeito a nosa obriga está en Canadá.
Co porno que nos dan,
poetas vin caer.
Esquece o demais,
non aturo verte triste, imos pasear.
Non coincidimos cos demais
nin coa súa relixión.
Non pensar, non pensar.
Non coincidimos cos demais
nin coa súa relixión.
non pensar, non.
|
||||
10. |
Regaleiche
02:49
|
|
||
Regaleiche unha montaña
e non a quixeches levar.
E ela, parando nubes,
no sitio foi quedar.
E choveu, choveu dos seus ollos,
bágoas que froitos dan
ás casas e xentes do val.
E ti, e ti, e ti.
Regaleiche un río
e non o quixeches quedar.
E el, levando peixe,
seguiu o seu ritmo a levar.
E saíndo das súas augas
os peixes foron dar
ás barcas das xentes do val.
E ti, e ti, e ti.
Regaleiche un feixe de lóstregos
e non os quixeches mirar.
E eles con moito estrondo
fuxiron polo ar.
E parando nas centrais
convertéronse en luz
que quentaba as xentes do val.
E ti, e ti, e ti.
Regaleiche o meu corazón
e si que o quixeches coidar.
E el sentiuse ledo,
dun novo sitio onde estar.
E atopou o teu corazón
e xuntos foron aledar
as festas da xente do val.
E nós, e nós, e nós.
|
Streaming and Download help
Os Amigos dos Músicos recommends:
If you like Os Amigos dos Músicos, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp